O IES Fernando Blanco aposta polo sector dos aparatos elevadores

Alumnos do Ciclo Medio de Mantemento Electromecánico do IES Fernando Blanco

O IES Fernando Blanco acaba de poñer en marcha un adestrador de ascensores para a formación do alumnado do Ciclo Medio de Mantemento Electromecánico.

Trátase da única instalación destas características en Galicia e é froito do premio Dualiza 2019 e convocado pola Fundación Bankia e FP Empresa. O proxecto foi o único premiado na nosa Comunidade Autónoma e implicou a todo o alumnado de 1º e 2º do citado Ciclo.

Este adestrador empezarase a empregar este mesmo curso simulando avarías reais nun ascensor, impulsando así a forte aposta que o centro educativo fai polo sector dos aparatos elevadores cun recurso didáctico único tamén a nivel autonómico.

Dado que xa existe o compromiso cunha empresa do sector, parte do alumnado que pertence á modalidade de FP Dual poderá poñer en práctica os seus coñecementos a partir de xaneiro.