Jesús Picallo xa exerce de candidato á alcaldía de Cee

Jesus Picallo coa expedicion do PP no HVdX

"Preséntome para que Cee volva ser unha referencia comarcal industrial e sanitaria que sempre foi e nunca debeu deixar de ser”.". Así se expresaba este mércores 16 de novembro Jesús Picallo no sue primeiro acto oficial na vila da Xunqueira como candidato á alcaldía por parte do PP. Picallo acompañou a Paula Prado nunha visita do grupo popular ao Hospital Virxe da Xunqueira.

Unha visita para reivindicar que a recentemente aprobada Lei de medidas extraordinarias para prazas de difícil cobertura, impulsada pola Xunta, que "permitirá asegurar a cobertura dos postos vacantes nos sete hospitais comarcais galegos.

Prado lembrou que "os orzamentos da Xunta para 2023 consignan 450.000 € para este centro e vaise licitar a reforma das urxencias antes de que remate o ano por 1,1 M€”.

Jesus Picallo e Paula Prado