Lembran a esquecida Feira do Libro de Cee

Imaxe da Feira do Libro de Cee de 2010

A feira do libro de Cee foi referente literario da comarca durante moitos anos, desde que no ano 1988, se celebraba a primeira edición.  Durante os case 20 anos de vida, numerosos persoeiros da literatura teñen pasado polas distintas edicións, desde Xosé Neira Vilas e Avilés de Taramancos, até os locais Miro e Rafa Vilar, Concha Blanco e María Canosa ou os irmáns Creus.   

“A feira do libro de Cee era agardada polos amantes da literatura, e pola veciñanza de Cee,  durante todo o ano, e facía parte importante dos numerosos actos festivos e culturais que cada agosto se dan na nosa vila", sinalan dende o BNG de Cee, que lamentan que non se tivese en conta a súa proposta presentada en abril do ano pasado, para que a Feira do Libro fose recuperada no agosto dese mesmo ano. A nosa proposta non foi atendida nese momento e tampouco se tivo en conta para este, o que lamentamos e criticamos profundamente.  
 

"Lamentamos que a proposta feita polo Bng non fose atendida, tendo en conta ademais a proflífica canteira de autores e autoras que temos en Cee, como se puido ver na edición da do día do libro que nos organizamos no mes de abril”, declarou Serxio Domínguez Louro, portavoz do Bng de Cee.