Licitan as obras da nova planta de transferencia de Sogama no Polígono de Cee

Xa está sendo unha realidade. A planta de transferencia de SOGAMA situada no Monte do Son, trasladarase, mellorada e ampliada, ao polígono empresarial de Cee. Así o ratificaba onte a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, nunha visita á zona na que anunciaba a licitación das obras da mesma.

Unhas obras que se enmarcan no aumento de xeración de biorresiduos trala implantación paulatina pero obrigatoria da quinta fracción, e que farán que oodos os concellos teñan unha planta de compostaxe ou de transferencia a menos de 50 quilómetros.

A planta permitirá transferir máis de 12.000 toneladas ao ano de residuos ao complexo medioambiental de Sogama e que prestará servizo aos concellos de Cee, Corcubión e Fisterra; pero podéndose ampliar ao outros próximos.

A nova planta de Cee, ademais de acoller a bolsa negra (residuo convencional), poderá transferir a fracción de lixo correspondente á bolsa amarela (envases de plástico, latas e briks depositados nos contedores amarelos de recollida selectiva), así como os residuos orgánicos recollidos de forma diferenciadas a través do quinto contedor, o de cor marrón.

Novas relacionadas