Lires sacou a súa mellor cara por Nadal
Tivo lugar xa a Entrega de premios aos gañadores do I Rali Fotográfico Pedras Miúdas. Un rali que servía para coñecer mellor as marabillas de Lires, entre eles a sua veciñanza, como puidemos comprobar ca Mellor Serie, de Juanma Abelleira Ronquete, que retratou coma ninguén á xente da zona.
A entrega tivo lugar o pasado luns 5 de xaneiro na escola de Lires e os gañadores foron:
- Categoría Réflex: Xoán Carballo.
- Categoría Compacta: Beatriz Romero Rodríguez.
- Mellor serie: Juanma Abelleira Ronquete.
- Categoría Junior: Zaira Domínguez.
Un Nadal completo en Lires
Ademais da exposición “Lires na memoria” e do I Rally Fotográfico, na ARCE Pedras Miúdas realizou diversas actividades este Nadal. Entre elas cómpre destacar a visita que Papá Noel lle fixo aos máis cativos do lugar, así como a tarde de contacontos que tivemos da man de Rocío Leira. Cabe citar a recollida de xoguetes que levamos a cabo dende a asociación co fin de que ningún neno quedase sen o seu regalo de Reis este Nadal, foron doados á Cruz Vermella.
Novas relacionadas
- Lires recupera a súa memoria.
- A fotografía invade Lires cun Rally Fotográfico e unha exposición histórica.
- Lires, 1968.
- As Aberturas de Manuel Vilar: Pasar a Ponte Constante (II).
Fonte
- Pedras Miúdas.