mércores. 30.04.2025
El tiempo

Lires sacou a súa mellor cara por Nadal

Lires sacou a súa mellor cara por Nadal
Mellor Serie de Fotos do certame de Pedras Miudas de Lires-Fotos de Juanma Abelleira Ronquete

Tivo lugar xa a Entrega de premios aos gañadores do I Rali Fotográfico Pedras Miúdas. Un rali que servía para coñecer mellor as marabillas de Lires, entre eles a sua veciñanza, como puidemos comprobar ca Mellor Serie, de Juanma Abelleira Ronquete, que retratou coma ninguén á xente da zona.

A entrega tivo lugar o pasado luns 5 de xaneiro na escola de Lires e os gañadores foron:

Recollida de premios do certame de Pedras Miudas
  • Categoría Réflex: Xoán Carballo.
Premio Cat Reflex de Pedras Miudas para Xoan Carballo
  • Categoría Compacta: Beatriz Romero Rodríguez.
Premio-na-categoria-Compacta-de-Pedras-Miudas-Beatriz-Romero-Rodríguez
  • Mellor serie: Juanma Abelleira Ronquete.
  • Categoría Junior: Zaira Domínguez.
Premio cat junior de Pedras Miudas- Zaira

Un Nadal completo en Lires

Nadal con Rocio Leira en Lires

Ademais da exposición “Lires na memoria” e do I Rally Fotográfico, na ARCE Pedras Miúdas realizou diversas actividades este Nadal. Entre elas cómpre destacar a visita que Papá Noel lle fixo aos máis cativos do lugar, así como a tarde de contacontos que tivemos da man de Rocío Leira. Cabe citar a recollida de xoguetes que levamos a cabo dende a asociación co fin de que ningún neno quedase sen o seu regalo de Reis este Nadal, foron doados á Cruz Vermella.

Recollida de regalos por Nadal en Pedras Miudas

Novas relacionadas

Fonte

  • Pedras Miúdas.

Comentarios