Manel García Leal, condecorado cunha Medalla da UNIJEPOL polo seu rescate
27 de febreiro de 2020 (15:36 h.)
Todos lembramos aquela á fazaña heroica que protagonizou Manel García Leal o 12 de novembro de 2018, cando salvou dúas persoas dun incendio, rescatándoas da súa casa. Da acción do Policía Local de Cee quíxose lembrar o pasado mes de setembro a ANAV, premiándolle coa Cruz de Servizos Distinguidos. E tamén o fixo hoxe a Unidad Nacional de Jefes y Directivos da Policía Local, recoñecéndo ao ceense cunha Distinción Nacional ás Actuacións das Policías Locais.
García Leal foi condecorado con unha das seis “Medallas al Mérito con Distintivo Rojo”, que entregou hoxe a UNIJEPOL, no acto celebrado esta mañá en Madrid. García Leal foi acompañado polo seu compañeiro na Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cee, Juanma Trillo.
Novas relacionadas
- Setembro 2019: A ANAV concede a Cruz de Servizos Distinguidos a dous heroes ceenses.
- 13-11-18: O heroe de azul que rescatou unha parella do lume.