Venres. 29.03.2024
El tiempo

A ANAV concede a Cruz de Servizos Distinguidos a dous heroes ceenses

Ramon Insua Lago
Foto da comida homenaxe que os seus compañeiros e o Concello de Cee renderon a Ramón Insua Lago pouco antes de falecer
A ANAV concede a Cruz de Servizos Distinguidos a dous heroes ceenses

Leva tempo o presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Cee, Juan Manuel Trillo Caamaño, solicitando á ANAV (Asociación Nacional de Agrupaciones y Asociaciones de voluntarios de Protección Civil de España) que recoñeza a labor de dúas persoas moi especiais para a vila da Xunqueira.

Parece que desta última vez, a entidade entendeu a importancia das mesmas, e a ANAV vai entregar a Cruz de Servizos Distinguidos en categoría de Bronce a dous ceenses xa ilustres. Unha será a título póstumo, a de Ramón Insua Lago, pois faleceu de enfermidade en marzo de 2017.

O outro ceense que recibirá a Cruz de Servizos Distinguidos en categoría de Bronce é Manel García Leal (Policía Local de Cee), o coñecido heroe de azul que salvaba dúas persoas dun incendio o ano pasado.

A entrega será o vindeiro 19 de outubro, no marco da xuntanza da Academia Galega e Seguridade. O propio Juan Manuel axúdanos a lembrar a súa importancia.

José Ramón Ínsua Lago

José Raón Insua Lago foi voluntario da Agrupación de Protección Civil de Cee dende o 7 de xaneiro de 1997 ata o día do seu falecemento o 2 de marzo de 2017, vítima dunha longa enfermidade. Os seus compañeiros lembran que “sempre tivo a maior dispoñibilidade, que coi un compañeiro incansable, sempre pendente de todo nos operativos, o primeiro en chamar para axudar, incluso antes de que se solicitara colaboración, sempre disposto a axudar”.
Lembran que “incluso durante o tempo que estivo enfermo participou en numerosos operativos, inda que xa se resentía a súa saúde, a propia familia nos pedía que na medida do posible se lle permitira participar, que era a súa vida, que sacaba forzas para axudar pese a súa situación”.

Foi un compañeiro moi querido non só polos seus compañeiros de Cee, senón polos membros ads agrupacións de toda a comarca, e pola veciñanza en xeral. ”Como ben nos dicía moita xente, si falta Ramón parece que non sodes tantos”, recorda Trillo.

Pouco antes de falecer, os seus compañeiros quixeron renderlle homenaxe polos seus 20 anos de servizo, e fixeron unha comida na súa honra.

Manel García LealManel Garcia Leal- Policia LocalO horeo de azul de Cee

Ademais de Policía Local, Manel tamén é voluntario de P.C. dende o 13-11-2001. Pero para merecer a distinción, os seus compañeiros aluden á fazaña heroica que protagonizou o 12 de novembro de 2018, cando salvou dúas persoas dun incendio, rescatándoas da súa casa.

Todo aconteceu no lugar de Lagarteira nº3. Cando recibiron á camada, el foi o primeiro en chegar de todos os corpos de seguridade. Atopou na planta baixa da vivenda unha muller desorientada e cun grande estado de nerviosismo, a cal, lle indicou que o seu marido estaba no primeiro andar da vivenda. Sacou a señora da vivenda e procedeu a subir ó primeiro andar, onde localizou a habitación co foco do incendio, procedendo a pechar a porta da mesma para evitar a propagación do lume. Atopa no corredor ó marido, en roupa interior, case inconsciente e con grandes dificultades para respirar e sácao ó exterior da vivenda.

As dúas persoas rescatadas foron trasladadas ó hospital Virxe da Xunqueira polo 061 quedando ingresadas, ó igual que o propio Jesús Manuel García Leal, que foi trasladado polos compañeiros desta agrupación, tamén quedando ingresado por inhalación de fumes.

Novas relacionadas

Comentarios