O Manuela Rial volve con 6 postais premiadas do Concurso do Museo Histórico-Militar
Volveu o Colexio Plurilingüe Manuela Rial Mouzo de Cee participar no XXIII Concurso de Postais de Nadal do Museo Histórico-Militar da Coruña. E volveron levar premio, entre os os máis de 2000 traballos presentados polo alumnado de ducias de centros educativos da Coruña capital e provincia.
6 alumn@s ceenses centro obtiveron mención malia á dura competencia:
En Categoría Educación Infantil, déronse 2 premios provinciais; un deles foi para Biel Lestón Canosa (Infantil, 3 anos) e outro para Martina López Cambeiro (Infantil, 4 anos).
Na outra categoría, que engloba Educación Primaria e 1º e 2º ESO, levaron cadanseu accesit Aroa Conde Cambeiro (2º Primaria); Gaizka Lago Elora (4º Primaria); Ainara González Sánchez e Ismael Paz Liñares (5º Primaria).
Novas relacionadas
- 2018: 5 alumn@s do Manuela Rial quedaron finalistas do Concurso de Postais do Museo Histórico-Militar.
- 2017: O Manuela Rial exporta ás mellores postais de Nadal da provincia.