5 alumn@s do Manuela Rial quedaron finalistas do Concurso de Postais do Museo Histórico-Militar
04:06 17/12/18
Estar entre os escollidos de entre 2.000 alumn@s da provincia é para estar orgulloso. E así está o director do Colexio Plurilingüe Manuela Rial de Cee, Jesús Sánchez, que acodíu ao Museo Histórico-Militar da Coruña para a entrega de premios do XXII Concurso de Postais Navideñas. Un concurso no que cinco alumn@s do centro obtiveron mención malia á dura competencia.
En Categoría Educación Infantil, déronse 2 premios provinciais; un deles foi para ALBA TABOADA PRIETO (de 6º Infantil).
Na outra categoría, que engloba Educación Primaria e 1º, 2º ESO, GAIZKA LAGO ELORZA e IRENE RAMÓN FERNÁNDEZ (1º ESO), obtiveron sendos 3º premios.
Pola súa banda, ÁLVARO HERRERO GARCÍA (5º Primaria) e AINHOA CASTREJE CANOSA (6º Primaria) obtiveron cadanseu accésit.