Un mar de talento costeiro no Festival solidario da AECC en Cee

Integrantes dos grupos, presentadores e directiva da AECC no Festival

Espectacular o Festival solidario contra o Cancro no realizado o pasado sábado. O auditorio da Casa de Cultura de Cee viviu unha xornada na que o talento da comarca demostrou a súa calidade.

Foi un evento entretenido, presentado por Toño Casais e Belén Lema Conde, tamén voluntaria da AECC, que foron dando paso ao Coro Infantil da Escola de Música de Cee, o Coro do Centro Social de Cee, Peta Forte, Grupo Grandola (agora Ghandaina), grupo de Baile Novo Viana, Álex Castro, Dolores Oliveira e Tomás Lagoa Blanco.

Toño Casais e Belén Lema Conde 
Familia da AECC de Cee

A gala, de carácter familiar, encheuse de homenaxes espontáneas a persoas queridas, realizados polos propios artistas, o que engadiu un toque emotivo e especial á velada. Houbo sorteos de prodtos doados por comercios locais, que alegraron a noite. A velada concluíu coa entrega de diplomas aos participantes e colaboradores e a proxección dun vídeo musical relacionado coa causa.

A Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro, agradece a colaboración e apoio recibido.

Tomás Lagoa Blanco e Álex Castro no Festival AECC de Cee
Coro da Escola de Música de Cee no Festival AECC
Coro centro social e Dolores Oliveira no Festival AECC de Cee
Peta Forte no Festival AECC de Cee
Ghandaina no Festival AECC de Cee