Marcos Rodríguez volve á final da “Eurocopa” de fotografía

Marcos Rodriguez recibindo o ano pasado en Catania a Golden Camara da FEP Non para de darnos alegrías. O fotógrafo carballés afincado en Cee, Marcos Rodríguez, foi seleccionado como finalista no prestixioso “European Photographer of the Year Awards”. Un premio que outorga a Federación Europea de Fotógrafos Profesionais FEP, no que xa leva sendo finalista tres anos consecutivos. MR xa se fixo o ano pasado coa aprezada “Golden Camera” (Cámara de Ouro) e este ano volve ter opcións. As obras coas que Marcos compite na categoría de “Reportaxe Gráfico” son seis, catro realizadas en Costa de Marfil, unha dun vendedor de paraguas en Sicilia e outra dun incendio na Costa da Morte pero haberá que esperar ata o certame, que terá lugar o 25 de marzo en Bray (Dublín), para que a organización desvele con que tres das seis imaxes quedou finalista, xa que é a suma das tres máis puntuadas a que outorga a súa posición final no certamen. O xurado estivo composto por 14 xuíces internacionais e presidido por Jorgen Brandt. Estas son algunhas das fotos seleccionadas:
Foto de Marcos Rodríguez dun incendio da Costa da Morte
Foto de Marcos Rodríguez en Sicilia
Foto de Marcos Rodríguez en Costa de Marfil
Foto de Marcos Rodríguez dun neno de Costa de Marfil

Novas relacionadas

Novas de fotografía nocturna

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)