Miguel López e Rebeca Cernadas achegan a Cee a súa experiencia vital coa Esclerose Múltiple

Este venres 5 de xuño, a partir das 19:30h, terá lugar na Biblioteca Municipal de Cee a presentación dun novo libro. Miguel López e Rebeca Cernadas, unha parella que convive coa EM (Esclerose Múltiple) acaba de publicar en Editorial Medulia este testemuño escrito desde a experiencia. "La niña del columpio" é toda unha unha historia de vida, forza e esperanza, dende unha íntima e optimista.

O acto contará coa presenza da alcaldesa de Cee, Margarita Lamela Louzán, e da escritora Guadalupe Vázquez Formoso, que acompañarán aos autores.

A cita será aberta a todo o público e promete unha tarde chea de sensibilidade e emoción compartida.