Nace en Cee a xunta local da Asociación Española Contra o Cancro

O vindeiro sábado, 2 de decembro, terá lugar no auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee a presentación da xunta local da Asociación Española Contra o Cancro - AECC - de Cee. Ademais do acto de presentación, que é aberto a toda a veciñanza, o doutor Guillermo Debén impartirá unha charla que leva por título "A hematoloxía e o cancro". Fonte
  • Redacción QPC (info@quepanacosta.com)