Nace en Cee a xunta local da Asociación Española Contra o Cancro
07:02 30/11/17
O vindeiro sábado, 2 de decembro, terá lugar no auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee a presentación da xunta local da Asociación Española Contra o Cancro - AECC - de Cee.
Ademais do acto de presentación, que é aberto a toda a veciñanza, o doutor Guillermo Debén impartirá unha charla que leva por título "A hematoloxía e o cancro".
Fonte
- Redacción QPC (info@quepanacosta.com)