Unha nova vertedura provoca unha alta mortandade dos alevíns da piscifactoría de Lires

Tanques de alevíns da piscifactoría de Lires afectados polo vertido

Dende 2014 véñense repetindo verteduras sobre o río Castro que afectan directamente á piscifactoría de Lires. Pero as investigacións non dan resolto o enigma, e cada certo tempo, o río e a empresa sofren o seu impacto.

Esta mañá a empresa Tres Mares chamaba ao 112, Policía Local e Seprona ao ver que a vertedura se colara nos tanques de alevíns provocando unha auténtica masacre. Malia que é auga en continuo movemento, pola mañá veíase unha escuma branca, e algún resto multicolor do que podía ser gasoil.

Para identificalo a empresa tomou mostras para entregar á Garda Civil esperando que poida identificar, por fin, o causante desta desfeita ecolóxica.