Un novo atropelo na Avda. Fernando Blanco
21 de novembro de 2023 (12:21 h.)
Doble suceso esta mañá na comarca. Se no Pindo, diante da Igrexa unha moto sufría un incendio (a Policía Local apagou o lume con dous extintores, sen máis danos), máis grave o novo atropelo acontecido na Avenida Fernando Blanco de Cee.
O suceso tivo lugar no paso de peóns a carón da Farmacia, e unha moza levou un golpe nun hombreiro e unha perna, foi trasladada ao Hospital de Cee. Acodiron ao lugar a ambulancia do 061, ademais da Policía Local, Protección Civil de Cee e os Bombeiros que non tiveron que actuar.
Máis novas