O BNG pide melloras de seguridade nas Avenidas Fisterra e Fernando Blanco de Cee
Os numerosos atropelos que teñen lugar tanto na Avenida Fernando Blanco como na Avendida Fisterra de Cee, fan que o BNG vaia levar ao Parlamento galego e ao concello, a mellora da seguridade de ambas vías. Son as arterias da capital municipal, e son tamén paso da AC-552 e da AC-550, cruzándose no miolo da vila.
Unha situación de perigo arrastrada dende hai anos, perante a que a Xunta, propietaria das dúas estradas, non toma decisións, e o Concello, “a administración mais cercana a cidadanía e que ten que ser a primeira en solicitar melloras, tampouco está a facer absolutamente nada”, sinala o voceiro local Serxio Domínguez.
Ante esta situación o BNG vai solicitar ao Parlamento Galego un estudo para correxir eivas, e pedir á Xunta de Galicia que asuma a urbanización da AC-552 desde a rotonda do Lar até ao cruce de Roget, aportando espazos para persoas e bicicletas.
Ademais, a nivel municipal pide as seguintes melloras:
- Iluminación: “Só hai luminarias por unha beira, o que claramente deixa zonas escuras e/ou sombreadas”. O Bng propón “aumentar as luminarias cubrindo os lados nos que non existen de maneira que a visibilidade sexa óptima”. Piden unha luminaria de menos de 3 metros, como a de Corcubión.
- Aparcamento: malia necesidade de prazas, piden “que se anulen as prazas máis cercanas, e no mesmo sentido da circulación, aos pasos de peóns para así facilitar a visión de conductores e persoas”.
- Sinalización: No seu día foron colocados por ambas vías, sinales iluminadas, ante a aprobación dunha iniciativa do BNG. Faltan algúns, e piden que se instalen neses.
Novas relacionadas
- Novembro 21: Unha muller perde a vida tras un atropelo en Cee.
- Marzo 21: Novo atropelo, desta volta a un neno, en Cee.
- Novembro 19: Unha muller de avanzada idade foi atropelada en Cee.
- Novembro 18: Segundo atropelo nunha semana en Cee e terceiro na zona.
- Febreiro 2018: Unha ferida tras un atropelo en Cee.
- Xaneiro 2018: Novo atropelo dunha nai e un bebé na Avda. de Fisterra de Cee.