Novo paso para a tramitación ambiental do PXOM de Cee

Poucas novidades temos nos últimos anos arredor do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cee. Un PXOM que estivo a piques de saír en 2004, e que despois en 2012 se retomaba sen éxito, provocando que o urbanismo da vila da Xunqueira siga rexíndose polas Normas subsidiarias de planeamento municipal aprobadas no ano 1995.

Unha carencia que parece que se vai solventar nesta lexislatura. Esta semana vimos de coñecer que a Consellería de Medio Ambiente concedeu unha axuda de máis de 108.000 euros para apoiar ao Concello na redacción do plan, despois de que o Concello solicitase iniciar o trámite da avaliación ambiental en xaneiro.

Faino unha vez que concluíu o documento de alcance que serve de base para o estudo ambiental estratéxico do Plan xeral de ordenación municipal de Cee, o que permite avanzar na súa tramitación.

Novas relacionadas