Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Aprobada unha senda peonil de Cee á Ameixenda

Cemiterio Ameixenda
Aprobada unha senda peonil de Cee á Ameixenda

A Deputación da Coruña levará ao pleno deste venres, 25 de marzo, o convenio co Concello de Cee para financiar a
construción dunha senda peonil na antiga AC-197 ao seu paso polo núcleo da Ameixenda.

O tramo que sae do núcleo cara o sur e finaliza na estrada AC-550 nunha área recreativa que conta cunha vista panorámica da ría de Cee e Corcubión desde onde se divisa o monte Pindo e as Illas Lobeiras.
A senda mellorará tamén a seguridade no acceso a pé da veciñanza ao cemiterio, ao que se dotará de conexión coa traída de augas.
O proxecto inclúe a creación dun itinerario peonil de 640 metros de lonxitude e 2 metros de ancho, que discorrerá pola marxe dereita da vía e que se executará en formigón de color ocre e que contará cun bordo con 7 centímetros
sobre o asfalto.
Ademais, instalarase un paso de peóns sobreelevado para reducir a velocidade do tráfico nesta zona, onde está situado un cemiterio.

Comentarios