O Agra Raíces educa en solidariedade
Proposta completa a do IES Agra Raíces que convirte a solidariedade nun alicerce educativo. Será este un curso baseado na axuda, na comprensión, na esperanza.
Así, de xeito espontáneo nunha conversa coma calquera outra no instituto, nace a campaña "Agra Solidario". Conscientes, no momento en que vivimos de que son moitos os fogares e familias que o están pasando mal, alumnos e mestres entenden que cun pouco de traballo e un moito de solidariedade, "podemos conseguir axudar".
E o teñen claro, como valuartes do ensino público, queren educar en valores aos homes e mulleres de mañá. Con ese obxectivo, o profesorado, ANPA e alumnado do IES Agra Raíces de Cee tenta sumar os esforzos de toda a comunidade educativa, do sector empresarial e de servizos, dos medios de comunicación, e de toda a Costa da Morte, porque é moito o que podemos aportar.
Así o recadado entre todos na Campaña 2013/14 no “Agra Solidario”, nas diferentes iniciativas, destinarase na súa totalidade aos Servizos Sociais dos Concellos da bisbarra.
A primeira iniciativa será o "Rastro Solidario", que se desenvolverá no centro dos días 16 ao 20 de decembro, e ao que toda a bisbarra estamos obrigados a ir. Pero ademais, hai moitas outras cousas en marcha para este curso:
- No primeiro trimestre: Recollida de alimentos non perecedoiros.
- No segundo trimestre: Marcha ciclista.
- No terceiro trimestre: Carreira pedestre. E Bolsas aos mellores expedientes de cada curso.
Máis información
Novas relacionadas
- A Costa da Morte móllase polo ensino público.
- Os alumnos dos centros de Cee despiden o curso de viaxe.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).