O BNG de Cee denuncia a falta de mantemento e seguridade na piscina municipal
Presentará esta semana un escrito o BNG ceense onde critica o estado da piscina municipal de Cee. Afirman que xa recibiron "numerosas queixas de usuarios polo mal funcionamento e a falta de mantemento das instalacións na piscina municipal".
"A falta de mantemento e reposición cando remata a vida útil da maquinaria e os útiles para a realización de exercicios, e que incluso se chegan a retirar por non arranxalas ou tárdanse meses en facelo. Algunhas das máquinas frean en seco cando se realiza a actividade física, co conseguinte risco de producirse lesións. Ademais, os tapizados da maquinaria e das colchonetas están en mal estado e son, polo tanto, antihixiénicos por acumulación de suores e cheiros", denuncian. Ademais, hai "goteiras e filtracións de auga".
Indican ademais que "faltan indicadores de temperatura nas instalacións, nas zona de auga e na zona de spa. O usuario debe coñecer e comprobar as temperaturas , como se pode comprobar na lexislación vixente". E o que consideran de maior gravidade, "a falta de socorrista cando se están a realizar cursos ou actividades acuáticas, e falta de ratios por no de alumnos, sobre todo menores".
Entenden pois que "a xerencia da Piscina Municipal pode estar a vulnerar a lexislación vixente en materia de seguranza en Instalacións Deportivas e polo tanto, poñendo en grave perigo os cativos que se deixan o seu cargo e demais usuarios".
Deste xeito, o Bng de Cee solicita:
- A reparación, reposición e mantemento da máquinaria e útis en xeral de toda a instalación deportiva.
- A reparación do edificio municipal polo seu estado actual con grietas e infinidade de filtracións de auga do exterior.
- O cumprimento estricto das normas da Conselleria de Sanidade e recomendacións autonómicas en instalacións deportivas.
- A obrigatoriedade a empresa concesionaria de establecer ratios nas actividades, fundamentalmente acuáticas.
- Revisión da tarifas por actividades e uso en xeral das instalacións.
Novas relacionadas
- O primeiro temporal deixa cifras alarmantes e vellos temores.
- Alcaldes e técnicos da Costa da Morte propoñen facer comarca desde o deporte.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Cee.