O BNG de Cee explica os motivos do seu rexeitamento aos orzamentos do 2016

Pleno en Cee - Imaxe de arquivo Seguen revoltas as cousas polo concello de Cee despois de que no último plenoa oposición tirase abaixo os orzamentos para o 2016 presentados polo alcalde, Ramón Vigo. Días máis tarde, os prosupostos do presente ano aprobarónse grazas a unha nova lei que habilita para facelo os concellos que o teñan prorrogado..Segundo explican un dos grupos da oposición, o BNG, a pasada semana Vigo saía na prensa escrita falando das razóns que o levaron a tomar ese camiño e esgrimía que o BNG “só obxectara en comisión a falta de subvencións as entidades culturais”, indican os nacionalistas. “Unha vez mais o alcalde minte” indican dende o BNG e alegan que as razóns polas que votaron en contra deixaronas ben claras no pleno referido, e van moito mais aló das subvencións mencionadas. “A semana anterior ao pleno o BNG presentou por rexistro a petición dunha comisión na que se voltase a tratar o soldo do alcalde, aprobado no seu día de maneira fraudulenta eticamente falando. Dita comisión non foi convocada, o que chegaba para non apoiar os orzamentos”, alegan os nacionalistas de Cee. O BNG de CEE esgrime unha serie de razóns polas que non apoiou os orzamentos para o 2016:
  • Os orzamentos son prácticamente iguais aos últimos aprobados polo PP, continuidade nas principais liñas de actuación.
  • No informe de intervención advírtese da necesidade dunha RPT para os traballadores, o que a curto prazo non parece previsto. Alerta tamén o informe, que a previsión de ingresos por taxas urbanísticas e do ICIO son “moi optimistas”, irreais polo tanto, o que claramente fala de previsións para cadrar números. Este dato pódese comprobar facilmente comparando as cifras de gastos e ingresos, coincidentes ata nos céntimos.
  • O mesmo informe fala tamén dun remanente negativo do 2014 de mais de cen mil euros. No 2015, co ano aínda sen pechar, a previsión non era moito máis positiva, polo que falamos de remanentes negativos anos tras ano. Demostra este dato que é necesario cambiar maneiras de facer as cousas economicamente falando, algo que cun orzamento practicamente igual non parece probable.
  • A partida de gastos xurídicos elévase a 45.000 euros, moi por abaixo dos precisos no caso de perder todos os contenciosos abertos co concello como protagonista. É dicir, de seguro van ser moitos mais dos orzamentados, véxase a probable indemnización de tres centos mil euros ao propietario da nave de Codesos, o que nos fai redundar no dito anteriormente, hai que trocar de inmediato hábitos recurrentes polos distintos gobernos. Ademais, é de ter en conta que esa cantidade prevista é moito maior que a previsible para obras.
Desta forma, o BNG critica o “mal goberno o que adica mais a pleitos que a obras de progreso”. Polo que indica que hai puntos nos que apenas se fai referencia, tales como:
  • Servizos sociais: “cunha previsión de gastos praticamente igual a do PP nada parece que vaia millorar. Mentres este goberno pretendía cobrar sete euros mensuais as persoas maiores con tres centos euros de pensión, vai seguir adicando oito mil (logo sempre son mais) a convidalos a xantar un día ao ano, electoralismo a conta do erario público”.
  • A casa da cultura: “o que debería ser un dos motores económicos do pobo, segue a carecer dun plan de viabilidade. Un tremendo continente sen contido, e ademais sen persoal para a atender, o que leva a que o técnico de cultura teña que facer labouras impropias do seu cometido”.
Ademais disto, o BNG indica que as entidades culturais seguen sen nengún tipo de axuda económica, a pesares do grande esforzo que fan para dinamizar a vida no pobo e nas parroquias. Cando o alcalde falou da imposibilidade presupostaria, o Bng puxo por exemplo os oito mil euros mencionandos para a comida dos maiores, que repartidos entres as asociacións suporía unha axuda enorme para as mesmas. Do mesmo, xeito fixo fincapé o BNG en que a única partida que medra é a das festas da Xunqueira en dez mil euros. Éstas son as razóns pola que o BNG explica que se opuxo a uns orzamentos irreais, insuficientes para aminorar a débeda do concello, sen previsóns de actuacións que dean pé a novos ingresos, ou que aminoren gastos de forma considerable para futuros exercicios. Ademais, é de ter en conta tamén a maneira pouco ética, unha vez mais, que usa o alcalde para a arpobación dos mesmos, en xunta de goberno e ignorando o pleno, é dicir, a vontade dos e das ceenses que decidiron a conformación do mesmo.

Novas relacionadas

 

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • BNG Cee