Venres. 17.05.2024
El tiempo

Abrindo as portas do pleno do Concello de Cee

Abrindo as portas do pleno do Concello de Cee
Imaxe do pleno de investidura en Cee

Tivo lugar o pasado venres o primeiro pleno da nova lexislatura en Cee. Unha lexislatura que xa comeza con certa polémica, pos o único pundo da orde do día aprobouse pola falta dun edil. Serxio Domínguez, voceiro do BNG, quedaba sen batería no coche vindo dunha reunión en Santiago cara o pleno. A pesar de chamar ao alcalde Ramón Vigo e pedirlle que retrase o pleno media hora, non se retrasou a votación para aprobar ou non a dedicación parcial do alcalde ceense, de 42.000€.

Finalmente, o voto a favor de Plácido García Insua, edil de Ciudadanos, e a falta do voto en contra do nacionalista, permitiu aprobar esa dedicación parcial para a alcaldía. Votou en contra tamén o PSOE, onde Lamela explicou que non se pode exercer de alcalde e estar de baixa laboral ao mesmo tempo.
En todo caso, o BNG vai solicitar que se volva a realizar o pleno pois considera que “un percance deste tipo non pode marcar o porvir dunha lexislatura, tendo en conta que estamos a falar dun pleno dos mais importantes a celebrar nos catro anos vindeiros”.

O vindeiro, en vídeo

A vindeira cita plenaria será o venres 31 de xullo, ás 20:00h. Unha cita que esperamos xa poder ver en vídeo. Así nolo conta Pablo Santamaría Castiñeira, veciño comprometido da vila da Xunqueira, que simplemente quere abrir as portas do Concello a todos os veciños.

Collendo un pouco a luva tendida por QPC no debate electoral celebrado na Casa da Cultura, e dado o interese que xerou, a idea é que todos os veciños poidan ver como son os plenos en Cee, dende a súa casa, ou estando presentes no pleno.

Por agora, está colleitando información, pero a legalidade de gravar un evento público como un pleno municipal está fóra de calquera dúbida, como xa aconteceu en Ponteceso e Muros, e centos de concellos de toda España adheridos á campaña www.grabatupleno.es.

A clave é que o veciño teña información e sexa responsable cos seus actos. “Queremos saber e que se gastan os 5 ou 6 millóns de euros do orzamento anual. Simplemente iso”, explica Santamaría. “O noso deber como veciños é fiscalizar o traballo dos concellos e é o seu deber e ensinárnolo”.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • CxG de Muros.

Comentarios