Venres. 17.05.2024
El tiempo

O BNG de Cee presenta un decálogo de propostas ao novo goberno

O BNG de Cee presenta un decálogo de propostas ao novo goberno
O BNG de Cee presenta unha bateria de propostas

Tralas primeiras semanas de posta en marcha do novo grupo de goberno, xa comeza a oposición a traballar. Esta semana, o BNG de Cee quere presentar un decálogo de medidas a custe cero que lle presentará ao novo goberno en minoría comandando por Ramón Vigo. O concelleiro do BNG ceense Serxio Domínguez Louro, acompañado de César Pérez e Carina Conde, presentou estas 10 medidas que consideran “un primeiro paso cara acadar obxectivos imprescindibles para o desenrolo económico e social inmediato do noso pobo”

Ademais das propostas prantexa o saneamento da ría como o alicerce fundamental onde basear a acción de goberno, coa separación de augas fecais das limpas, a desaparición de calquer punto de verquido a canle que atravesa o pobo, e o bo funcionamento de bombeos e Edars como puntos primordiais da lexislatura.

Este é o decálogo do BNG.

  • 1. Anular, de inmediato, a venda das prazas de aparcamento do soto do mercado, e poñelas a disposición dos clientes de maneira gratuíta.
  • 2. Retirar do Pxom o proxecto do campo de golf, evitando así que as parroquias poidan perder edificabilidade, e dicir, solares onde poder construir novas vivendas. Manter a marxe esquerda da ría como zona industrial e de creación de postos de traballo, comezando a búsqueda de empresas que se queiran instalar nos terreos do porto de Brens.
  • 3. Solicitar da Xunta de Galiza a construcción dunha Base Anti-contaminación no peirao de Brens, as costas estarán mais protexidas, e crearase actividade económica e postos de traballo.
  • 4. Posta en funcionamento do Regulamento de Participación Cidadá.
  • 5. Xestionar ante o Sergas un arranxo inmediato do centro médico. Solicitar, así mesmo, o reforzo do servizo de pediatría cun segundo especialista, o ratio de nenos e nenas é suficiente.
  • 6. Comezar os trámites para pasar a gardería municipal a rede de Galiña Azul da Xunta, facéndoa así mais económica para as nais e pais.
  • 7. Dar solución inmediata aos problemas coa concesionaria da piscina.
  • 8. Posta en marcha de ventaxas fiscais para todos aqueles que queiran comezar calquer actividade na zona antiga de Cée.
  • 9. Abrir ao público dos xardíns de Fernando Blanco e cumprir coa lei no Castelo de Ameixenda (Ben de interese Cultural), obrigando a súa apertura.
  • 10. Recuperar a Mostra de teatro de Cée, e diseñar unha programación todo o ano da casa da cultura, dotando o gran continente de contido, e facéndoa sustentábel económicamente.

Fonte

Comentarios