O BNG pide incluír nos Orzamentos a base de Lires e o saneamento da ría de Corcubión
3 cousas, por riba do resto, bota de menos o BNG Costa da Morte sobre os orzamentos 2015 da Xunta. Entende que a Costa da Morte non pode esperar máis por esas inversións, polo que as parlamantarias do grupo da oposición Olaia Fernández Dávila e Rosana Pérez, levevaron tres enmendas referidas ao heliporto de Lires, ao peirao de Brens e á ría de Corcubión.
Base de helicóptero
Esta pasada fin de semana xa demostraban a súa indignación con manifestación ás portas do heliporto. Así, e dentro da campaña xa comezada de reivindicación da posta en funcionamento da base de Salvamento Marítimo, solicitan que se fagan “as inversións precisas para o seu funcionamento en condicións óptimas e imprescindíbeis, e dicir, coa tecnoloxía suficiente para que o helicóptero poida despegar en calquer momento, sexan cales sexan as condicións meteorolóxicas. A mais, débese de dotar de gardas presencias do persoal, o que significaría que o tempo de resposta fose inmediato, e non como viña sendo mentres funcionou, onde o tempo de resposta era maior que si o helicóptero viñese dende Coruña ou Compostela”.
Base anticontaminación en Brens pola ría de Corcubión
Solicitan tamén do goberno do estado, a construción e dotación dunha base anticontaminación no peirao de Brens. Lembran que “polo corredor marítimo de Fisterra pasan anualmente 40 mil barcos, 16 mil deles con mercancías perigosas, o que deixa mais que claro a necesidade desa base para estar protexidos de futuras desgrazas similares a do Prestige”.
Unha demanda que liga coa seguinte, xa que piden que “dunha vez por todas se lle poña freo a contaminación da ría de Corcubión, tendo que ser preciso para o caso, unha inversión forte para a posta en marcha dun plan integral de rexeneración da ría, limpando os seus fondos e poñendo as condicións para a recuperación dos bancos marisqueiros. Ademais, o correcto funcionamento da depuradora que da servizo a Cee e Corcubión, así como a separación de augas fecais e pluviais, son peza imprescindíbel para a consecución dunha ría limpa, productiva e económicamente viva”.
Novas relacionadas
- O treito norte da Autovía e o dragado de Laxe, nos Orzamentos 2015.
- Medio centenar de persoas concéntranse na base do heliporto de Rubio.
- O BNG pregunta no Parlamento pola ría de Corcubión e a dragaxe de Laxe.
Outras novas
- Sardiñeiro. Un porto sen barcos.
- Que foi do Plan de Usos do porto de Brens?.
- Exercicio de Salvamento do helicóptero de Lires.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Costa da Morte.