Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Sardiñeiro. Un porto sen barcos

Sardiñeiro. Un porto sen barcos
Porto de Sardineiro sen barcos

Grandes exemplos de infraestruturas innecesarias e mal feitas temos na bisbarra, e senón que llo digan ao heliporto de Lires onde non entra nin o propio helicóptero. Pero hoxe imos ata Sardiñeiro, en Fisterra, onde o ano pasado se inauguraba un porto que a día de hoxe segue sen barcos.

De feito, Sardiñeiro conta con máis de 10 barcos de pesca de baixura, pero todos seguen amarrados en Corcubión, supoñendo o 90% da flota do pósito corcubionés. I é que a pesar de que en primeira instancia os mariñeiros de Sardiñeiro estaban contentos coa construción do porto, fontes do sector valoran que "está claro que o porto non vale no inverno".

Imaxe do Porto de Sardineiro un dia de temporal

Unha promesa electoral

Un proxecto puramente político, cunha demanda dos mariñeiros de Sardiñeiro, afíns ao Partido Popular, dende hai moitos anos, e que se convertiu en promesa electoral dende o 2009 e acabou sendo parte da última campaña.

A día de hoxe, o peirao de Sardiñeiro apenas serve para ir ao calamar polo verán, e de trampolín para os pequenos rapaces do lugar.Un balance algo frouxo para un investimento de 1 millón de euros.

Voces críticas

Un dos que se amosou contrarios ao proxecto dende o primeiro momento foi Pepe de Oleghario, o rexistrador de naufraxios. Pepe entendía dende o primeiro momento no que se presentou o proxecto que a ubicación non é correcta. De feito, de sempre, os barcos amarraron uns metros máis adiante, tirando cara Fisterra, na zona das furnas, nunha zona moito máis protexida.

"Como vai haber barcos? Se amarran aí os barcos, acaban no monte", valora Pepe, nunha situación parecida ao porto de Laxe, onde as embarcacións tamén teñen que refuxiarse no porto de Camariñas os días de temporal.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios