O Comité recurrirá a sentenza do Xulgado Social da Coruña que aproba un dos ERTEs de XEAL

Imaxe dunha concentración do Comité de XEAL ás portas da fabrica

Hai unha semana o TSXG de anulaba o ERTE que XEAL aplicou nas súas fábricas de Brens e Dumbría entre o 21 de abril e o 3 de xullo de 2020. A empresa non informaba desta resolución, pero si o fai do novo fallo que vén de emitir o Xulgado do Social da Coruña, que desestima a demanda de conflito dos sindicatos contra o ERTE aplicado na empresa dende setembro de 2020 a febreiro de 2021. Aquel ERTE que fora negociado dende Madrid sen presencia do Comité das fábricas costeiras.

Se no caso do primeiro, o Tribunal Superior entende que houbo “mala fe negociadora da empresa”; neste segudno ERTE o Xulgado do Social da Coruña valora que “a empresa intentou realmente que o impacto das suspensión de contratos de traballo fóra de menor intensidade ao que se pactou (non aplicando o ERTE no ano 2019 e atrasando a súa aplicación ata setembro de 2020 e cunha afectación para os traballadores moi por baixo do límite máximo pactado no centro de traballo que nos ocupa)”.

En calquera caso, o Comité vai recorrer esta nova sentenza ante o TSXG, e ten clara a súa postura: “Que unha empresa presuma de enviar aos traballadores ao paro…” Así mesmo lamenta que a empresa non fixese valoracións da sentenza que lle saíu en contra.

Novas relacionadas