O Concello de Cee repara o muro caído do recheo e a pista de Brens
Pasaron xa 7 meses dende que o temporal botase abaixo parte do muro do canle do recheo de Cee para que comezasen as obras. Onte os operarios do Concello de Cee levaron a cabo a retirada das árbores situadas a carón do canal no tramo que se derrubou durante o pasado inverno. Cortáronse tres leilandis de considerable tamaño, que non poden ser tranplantados. E retiraronse para ser posteriormente reprantados dous palmitos e unha Yuca.
As obras de restauración do canal serán financiadas por Augas de Galicia, a Demarcación territorial de Costas e o propio Concello de Cee, que achegará algo máis de 20.000 euros da súa partida anual de obras (un 10% do total anual) Acomete as obras a empresa pública TRAGSA, que xa comezou as labores de acondicionamento do terreo, situando area sobre o enlousado do paseo marítimo para non danalo.
Arranxo da pista polideportiva de Brens
Ademais, unha empresa especializada comezou as obras de reparación do pavillón de Brens. A instalación presentaba deficiencias na nivelación das grandes lousas de formigón que conforman a pista polideportiva. Estase a levar a cabo un pulido (diamantado) das lousas para que se igualen e desaparezan os desniveis actuais que dificultan a práctica de diversos deportes. Tamén se renovarán as xuntas que separan as lousas e se acometerá de novo o pintado dos campos para os diversos deportes que acolle.
O departamento de deportes fixouse como un dos obxectivos fundamentais o coidado e conservación das instalacións existentes, para que non sucedan acontecementos de mal recordo como o peche do pavillón municipal. Por iso se acometeron obras de mellora na pista polideportiva de Estorde ou esta actuación tan necesaria en Brens.
Vindeiras obras
A seguinte actuación que se acometerá será na piscina mumicipal, coa mellora da cuberta e da zona de vestiarios. Sen olvidar novas instalacións como o parque biosaudable, en fase de licitación, ou o skate park e as canastas profesionais que se solicitaron este ano á Deputación.
Novas relacionadas
- 12-1012: O temporal atiza o vento e rompe muros.
- O Concello de Cee vólcase contra os desafiuzamentos.
Fonte
- Concello de Cee.