O Concello de Cee vólcase contra os desafiuzamentos


O Concello de Cee vén de adherirse ao “Convenio de Colaboración sobre a detección de supostos de vulnerabilidade con ocasión do lanzamento de vivenda familiar e medidas de carácter local". A adhesión fíxose segundo as instrucións establecidas, mediante a sinatura da Alcaldesa da declaración de adhesión ao convenio, sen necesidade de aprobación previas polo Pleno, coa finalidade dunha maior axilidade do porceso.
Neste convenio participan o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), e ten por obxecto abordar conxunta e corrdinadamente medidas que dean resposta ás situación de especial vulnerabilidade ou desvalemento que se puidensen detectar no curso dos procedementos xudiciais por mor de:
- Procedementos de execución hipotecaria.
- Desafiuzamentos de vivendas habituais por falta de pago da renda da vivenda habitual que fosen detectadas pola Administración de Xustiza na tramitación procesual do procedemento.
A finalidade é, pois, dar conta da situación aos servizos sociais e por en marcha os programas de asistencia e realoxamento, se se cumpren os requisitos legais.
Protocolo de actuación
O protocolo de actuación empeza polo Xulgado, onde, unha vez se ten coñecemento dun proceso xudicial que pode finalizar en desafiuzamento da vivenda habitual, se detecte a existencia dunha eventual situación de vulnerabilidade ou, en xeral, dunha situación de desvalimento ou risco de exclusión social, recollerá, con arreglo á lexislación sobre protección de datos, información sobre a familia afectada, que transmitirá aos Servizos Sociais Municipais.
O Xuíz pode decretar a suspensión temporal, polo prazo imprescindible e nunca superior a 10 días, do procemento para que os Servizos Sociais, advertidos ao efecto, poidan facer a valoración das circunstancias e acometer a actuación que proceda.
Os Servizos Sociais Municipais, por ser o nivel de atención máis próximo á persoa, evaluaran a situación de xeito máis exhaustivo e elaborarán un informe que remitirán á Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. A Consellería, visto o informe dos Servizos Sociais Municipais, derivará unha proposta de intervención aos servizos de Menores, e/ou Inclusión e/ou IGVS. A proposta de intervención feita por un ou más deses servizos será remitida de novo á Dirección Xeral de Xustiza para o seu coñecemento e reenvío das medidas a adoptar de novo aos Servizos Sociais Municipais, que articularían, no seu caso, a tramitación dos recursos sinalados pola Xunta.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota do Concello de Cee.