O Concello de Cee retira con dilixencia o vertedoiro de Ameixenda
Denunciamos esta semana a aparición dun novo vertedoiro ilegal no antigo miradoiro de Ameixenda a raíz dunha fotodenuncia dun veciño da parroquia.
Foron rápidos desta volta os membros do Concello de Cee, pois a raíz dunha denuncia dun veciño esa mesma mañá de luns 11 de xaneiro, chaman ao encargado da empresa de limpeza do concello, Celta Prix. A mañá seguinte, a empresa retirou todo o materia do lugar, polo tanto o vertedoiro, segundo nos sinalan, apenas estivo 24 horas ao aire libre.
Piden os veciños que tamén se proceda a denuncialo ante a Garda Civil, pois parece que os delincuentes poderían ser xentes que se adican á recollida de metais, dado que os electrodomésticos tiñan só o esqueleto. Doutro xeito non tería sentido, tendo en conta que chamando ao Concello iríancho recoller á porta da túa casa.
Nova relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).