O IES Fernando Blanco gaña un novo premio de Innovación de FP

Así é a Plataforma elevadora premiada

O departamento de Mantemento electromecánico do IES Fernando Blanco, en colaboración coas empresas Suministros técnicos del Noroeste, SL, Recambios Roget e Ascensores Cume 24, SL, realizou unha Plataforma de conectividade coa manobra K2. Un proxecto que vén de recibir o Premio de Innovación na FP que outorga a Consellería de Educación para potenciar as iniciativas innovadoras, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros educativos, empresas e outras entidades,

Esta plataforma premite realizar simulacións de avarías reais nun ascensor, impulsando así a forte aposta que o centro educativo fai polo sector dos aparatos elevadores cun recurso didáctico único tamén a nivel autonómico.

Este é o segundo premio que recibe este equipo de traballo, pois xa resultou premiado co premio Dualiza convocado pola Fundación Bankia e FP empresa no ano 2019.


Alumnos do Ciclo Medio de Mantemento Electromecánico  do IES Fernando Blanco

Novas relacionadas