Martes. 19.03.2024
El tiempo

Faladoiro sobre Orientación Universitaria e FP nos #DirectosQPC: "Segue a túa vocación"

faladoiro ies baio 2
faladoiro ies baio 2
Faladoiro sobre Orientación Universitaria e FP nos #DirectosQPC: "Segue a túa vocación"

Ola, moi boas, estamos un día máis nestes #DirectosQPC, pechando a serie de encontros virtuais neste singular “Proxecto Educativo en tempos de crise” do IES Maximino Romero de Lema de Baio. A semana pasada estivemos celebrando a Semana Cultural que non se puido celebrar fisicamente, co gallo do 25 aniversario, con personalidades como o muralista Yoseba MP ou a poeta Rosalía Fernández Rial. E hai 15 días xa realizamos un faladoiro en clave de Orientación Universitaria que hoxe repetimos.

Hoxe tivemos axundando na moderación ao xefe de estudos, José María Fernández, e ao alumno de 2ª Bacharelato Edu Cernadas, ademais de a Óscar Rey Calo, profesor de informática para falarmos do novo Ciclo Superior de FP de DAM que vén de pedir o centro. Porque a FP tamén é unha fantástica saída formativa nestes tempos.

Os invitados foron, Antía Sacedón Costa (Periodismo na USC), Alba Rama Castiñeira (Grao Historia na USC), Tomás Fuentes Facal (Enxeñaría Informática na UDC) e Fran Gavín, que estuda Educación Primaria, e que xa participou con nós na celebración virtual da Festa dos 100 anos da vida cultural de Baio, como presidente da Asociación Cultural Adro.

A súa experiencia actual baila entre o “caos” organizativo e o compromiso de certos profesores; a falta de sentido dos exames para as avaliacións, e a necesidade da formación práctica. Ademais todos coincidiron na importancia de “seguir o teu corazón e a túa vocación” para escoller correctamente. En todo caso, todos apuntaron a importancia de saber que non hai errores nas eleccións, só vías diferentes para atopar o camiño correcto. “Temos o dereito a equivocarnos”

Óscar Rey debullou as oportunidades que ofrece o centro en materia de novas tecnoloxías co FP, ata hoxe con grao medio pero coa esperanza de que o Grao Superior poida chegar xa no curso que vén. Unha oportunidade única de “fixar poboación no rural”.

#DirectosQPC en Baio

Comentarios