O IES Fernando Blanco ilumínase polo Nadal

alumeado-ies-fernando-blanco Un ano máis, un grupo de alumnado do ciclo formativo de Instalación Eléctricas e do ciclo de Mantemento Electromecánico do IES Fernando Blanco de Cee, colocaron en días pasados os adornos luminosos - construídos por eles mesmos - polo xardín do centro educativo. Caixas de agasallos luminosos penduradas das árbores, figuras e frases típicas do Nadal, o abeto e o Nacemento. No traballo tamén participaron profesores e persoal non docente no que cada un aportou os seus coñecementos e habilidades para que o IES Fernando Blanco loza un bo alumeado de Nadal. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • IES Fernando Blanco