![alumeado-ies-fernando-blanco]()
alumeado-ies-fernando-blanco
Un ano máis, un grupo de alumnado do
ciclo formativo de Instalación Eléctricas e do
ciclo de Mantemento Electromecánico do IES Fernando Blanco de Cee, colocaron en días pasados os adornos luminosos - construídos por eles mesmos - polo xardín do centro educativo. Caixas de agasallos luminosos penduradas das árbores, figuras e frases típicas do Nadal, o abeto e o Nacemento.
No traballo tamén participaron profesores e persoal non docente no que cada un aportou os seus coñecementos e habilidades para que o IES Fernando Blanco loza un bo alumeado de Nadal.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- IES Fernando Blanco