Onte celebrouse no IES Fernando Blanco de Cee a gran final da VI Olimpiada Cultural O Saber Ten Premio
O IES Fernando Blanco de Cee acolleu onte a gran final da VI Olimpiada Cultural O Saber Ten Premio na que participaron os tres equipos finalistas; A.P.N.O.R., Nunca choveu que non escampara e Os aforzunados.
Esta final constou de dúas partes. A primeira parte, na que os tres equipos tiveron que contestar a 20 preguntas extraídas ao chou entre 976 preguntas elaboradas por todo o profesorado do centro e de todas as materias e de todas as ensinanzas que se imparten no IES Fernando Blanco, mediante un programa informático elaborado por Martín Pardiñas Fondo. Nesta primeira parte resultaron clasificados os equipos A.P.N.O.R. e Nunca choveu que non escampara empatados a 14.
A segunda parte consistiu nun debate sobre o tema “É a adolescencia a mellor época da vida?”, na que os dous equipos defenderon posturas opostas. Esta parte foi xulgada por un xurado composto por tres profesores e profesoras do centro.
Os tres equipos que participantes na gran final da VI Olimpiada Cultural do IES Fernando Blanco de Cee
Despois destas dúas partes resultou gañador do 1º premio, dotado con 600 €, desta VI Olimpíada Cultural o equipo Nunca choveu que non escampara, composto por: Elisa Lema Gómez, Andrea Rodríguez Trillo, Daniel González Silva, Abraham Domínguez Vázquez e Rocío Caamaño Prieto.
En 2º lugar, cun premio de 400 €, quedou o equipo A.P.N.O.R., composto por: Alejandra Verdía Couto, Miguel Castro Conde, Yeray Ruíz Lourido, Nicolás Carballo Senra e Darío Lago Beiro. O 3º clasificado, galardoado cun premio de 300 €, foi o equipo Os aforzunados, composto por Iván Ferreiro Santos, Adrián Garea Fernández, Iago Lado de Pazos, Jesús Ángel Vilela Domínguez e Martín Rey Trillo.
A gala estivo conducida por María Canosa Blanco, enxeñeira e escritora ceense. Contou cunha nutrida presenza de familiares do alumnado participante que, ademais, puideron asistir a varias actuacións musicais de profesorado do centro e de alumnado. Os premios desta Olimpíada Cultural contaron co patrocinio de Ferroatlántica. Tamén estivo presente a inspectora de educación dona Magdalena Duarte Blanco. Nesta sexta edición participaron un total de 9 equipos que pasaron por varias eliminatorias ao longo do curso ata chegar tres equipos a esta Gran Final.
Novas relacionadas