O San Cristovo chega motorizado a Baio e Cee

Mañá coñeceremos o que se coce por Carnés esta fin de semana, onde haberá máis que callos. Pero hoxe damos conta de dúas festas motorizadas da bisbarra. E ollo que por Baio apostan forte polas orquestras

San Cristovo de Baio

Por Baio, aínda de resaca pola Carballeira, xa pensan no san Cristovo. A festa comezará a víspera, o sábado 9 de xullo, coa Alarma e a París de Noia.

O domingo 10 abrirá coa divertida procesión motorizada a partir das 11:30h e entrega de premios aos mellor engalanados. Trala misa, sesión vermú coa Nueva Generación, pola tarde pasarrúas coa divertidisima charanga NBA e pola noite, gran verbena coa Panorama.

Para o luns continúa a festa e estarán as orquestras El Combo Dominicano e Costa Oeste, con lanzamento de fogos de artificio (se o permite a lei) á 1:30h. Ademais esperamos poder volver a ver ao toro que se chama San Cristovo ...

San Cristovo de Cee

Chega algo descafeinado o san Cristovo de Cee e o fará os 9 e 10 de xullo co grupo local Peta Forte, e coas orquestras Solamérica, Acirema e Super Star.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).