Fútbol, folclore e cabalos na Mostra Cultural de Brens


A parroquia ceense de Brens non para. Tralo Corpus, xa ten preparada a XXVII Mostra Cultural de Brens 2011, no que haberá fútbol, moito folclore e cabalos.
As citas comezarán esta fin de semana co deporte. Vernes 8 de xullo, sábado 9 e domingo 19 están tomados polo fútbol sala. Tamén haberá deporte o domingo 24 de xullo, cun campionato de pinpon.
A partir do sábado 16 comezan as sesións culturais. O sábado 16 haberá concerto de cantareiras e pandereteiras.
E a grande festa será o sábado 30 de xullo, co XXI Festival Folclórico, no que participarán os Geupos de Baile Breogán de Brens, Mar Adentro de Buxantes, Terra de Sena de Cee, Anduriña de Porto do Son, o Grupo de Gaitas da Pereiriña Peta Forte e o Baile Nerio de Corcubión.
A Mostra rematará coa II Marcha Cabalar de Brens, que terá lugar o domingo 31 de xullo, e á que xa se poden inscribir no 617 973 903. Ollo que a do ano pasado fóra espectacular.
Novas relacionadas
- I Marcha Cabalar de Brens: Un paseo na I Marcha Cabalar Parroquia de Brens .
- A carreira máis salvaxe do verán: A Carreira de Burros de Ameixenda .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).