Óliver Sambad debullou e Cee as pautas nutricionais ideóneas na loita contra o cancro

Oliver Sambad

Interesante a charla que ofreceu Oliver Sambad‑Baliña Durán na Casa da Cultura de Cee. O nutricionista fisterrán e colaborador de QPC, foi invitado pola Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro en Cee para levar a charla “Alimentación e nutrición: a importancia da nutrición na prevención e durante o tratamento do cancro”, unha sesión destinada a explicar de forma clara o papel da alimentación tanto na prevención como no acompañamento das persoas en tratamento.

Numeroso público no Auditorio da Casa da Cultura de Cee

Sambad expuxo recomendacións prácticas e pautas baseadas na evidencia científica para coidar a saúde a través da dieta.  Ao longo da intervención presentáronse recomendacións prácticas, aclararonse conceptos frecuentes e expuxéronse pautas adaptadas ás distintas etapas do proceso, incluíndo orientacións útiles tanto para persoas afectadas como para quen busca coidar a súa saúde desde unha perspectiva preventiva.

Con esta iniciativa, a Xunta Local da AECC en Cee reforza o seu compromiso coa prevención e a información en saúde, sumando unha nova acción divulgativa ás xa realizadas, como o Club de Saúde.

Oliver Sambad ca Xunta Local de Cee

Artigos de Óliver en QPC