Os alumnos do Obradoiro de Emprego fisterrán soben ás alturas

Non para o Obradoiro de Emprego Camiño do Solpor. Os alumnos e alumnas da especialidade de Xardinería e Restauración da Paisaxe deste Obradoiro promovido polos concellos de Cee, Corcubión e Fisterra, remataron esta semana un curso específico de poda no que destacou o apartado de poda en altura. Concretamente, o alumnado coñeceu as distintas técnicas seguras de poda en altura, así como os equipos necesarios e a utilización dos mesmo.

Este tipo de actividades, moi ligadas a empresa privada e as necesidades do mercado de traballo, enmarcase nunha das prioridades deste obradoiro: ofrecer aos alumnos e alumnas unha formación de calidade que mellore as súas posibilidades de atopar un emprego.

Promoción online

Por banda, o Obradoido fai chamada a aqueles establecementos de hostalería dos Concellos de Cee, Corcubión e Fisterra interesados en se publicitar gratuitamente dentro da páxina web que están elaborando os alumnos e alumnas da especialidade de Confección e Publicación de Páxinas Web poden contactar co Obradoiro no teléfono 981 745 993 ou enviar os datos básicos do establecemento: nome, enderezo, teléfono, e-mail, páxina web e REAT (número de rexistro de establecementos e actividades turísticos) e unha fotografía, ao correo do Obradoiro oecaminodosolpor@gmail.com.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).