mércores. 30.04.2025
El tiempo

22 mozos soneiráns completaron o Obradoiro comarcal de Emprego e Formación

22 mozos soneiráns completaron o Obradoiro comarcal de Emprego e Formación
Familia do Obradoiro de Emprego Comarca de Soneira

22 alumnos e alumnas dos Concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas remataron onte a súa formación e traballo no Obradoiro de Emprego Comarca de Soneira. I é que se trataba dun Obradoiro de Emprego con doble función, por un lado ofrecer 22 postos de traballo durante 6 meses, ao tempo que serve de formación para mozos nas nas especialidades de Deseño e Mantemento de Páxinas Web e Interpretación e Educación Ambiental.

Tivemos a sorte en QPC de coñecelos, pois Ubaldo Cerqueiro compartíu a experiencia empresarial que hai detrás do diario dixital da Costa da Morte.

Alumnos empregados do Obradoiro Comarca de Soneira

A sensación dos alumnos é moi positiva. Ademais de contar xa cunha profesión en marcha, aprenderon a traballar en equipo. E os resultados do seu traballo non só se traducen na formación, se non que tamén se poden ver materialmente.

E vale moito o material creado para a promoción da “Ruta do Río Grande por Terras de Soneira”. Un traballo completo de documentación, investigación, deseño e elaboración da sinalización do trazado, e a creación das guías.

Mapa sobre a ruta do Rio Grande realizada no Obraoido de Emprego Comarca de Soneira

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Fotos da Axenda de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas.

Comentarios