Xa ollamos todas as actividades que se desenvolveron en diferentes concellos da bisbarra co gallo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. E agora centrámonos na vila da Xunqueira, que prantexou o III Certame de Carteis para que os alumnos dos centros escolares do concello aportasen a súas ideas.
Os nomes dos gañadores, curiosamente os tres son homes, déronse a coñecer na concentración que tivo lugar ás 12:00h en conmemoración das vítimas de violencia de xénero. Foi a Delegada de Benestar Social e Igualdade, Amancia Trillo Lago, a que leu o manifesto en contra da violencia machista, e tiveron tempo para sacar tarxetas vermellas ao maltratador, e para lucir uns panos brancos.
Gañadores
O cartel gañador vai a ser a imaxe da campaña de sensibilización do 2011 do CIM. E foi o corcubionés Andrés López Trillo, quen realizou este "O maltrato non é un xogo". And´res leva ademais un premio de 375€.
O segundo premio, de 200€, levouno Carlos Miguel Guatti Soto, un madrileño afincado na Costa. O seu cartel pide denuncia e leva o título de "Unha chamada pódeche sacar deste inferno".
E o ceense Miguel Ángel Borrazás, leva o 3º premio, de 125€, por "Se a vida non é un xogo, porque caeste nesa trampa"