Os carteis da non violencia
10:08 26/11/10
Xa ollamos todas as actividades que se desenvolveron en diferentes concellos da bisbarra co gallo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. E agora centrámonos na vila da Xunqueira, que prantexou o III Certame de Carteis para que os alumnos dos centros escolares do concello aportasen a súas ideas.
Os nomes dos gañadores, curiosamente os tres son homes, déronse a coñecer na concentración que tivo lugar ás 12:00h en conmemoración das vítimas de violencia de xénero. Foi a Delegada de Benestar Social e Igualdade, Amancia Trillo Lago, a que leu o manifesto en contra da violencia machista, e tiveron tempo para sacar tarxetas vermellas ao maltratador, e para lucir uns panos brancos.