Os maiores de Cee tomaron o auditorio

Que gañas tiñan, non hai máis que velas imaxes. Os maiores do Centro Social, invadiron con enerxía e moita arte, o auditorio da Casa da Cultura de Cee, para celebra o seu festival. Foi o domingo, e ante unhas máis de 200 persoas que deron un ambientazo a esta cita cultural./p>

Josiño Mira, da Nordés, e a súa acompañante máis íntima, “Angustias”, a brava veciña de Lires que ten unha sección na emisora ceense e que forma parte dos gañadores dos últimos entroidos, estiveron tremendamente simpáticos, dando paso ás pandereteiras do Centro Social, ás de Fisterra, ás parellas de baile de salón e mesmo á coral. Toda unha demostración de arte do Centro Social de Cee, o punto de encontro dos maiores da vila da Xunqueira.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Información e fotos de Rafa Quintáns.