Xoves. 09.05.2024
El tiempo

Os maiores de Cee tomaron o auditorio

Os maiores de Cee tomaron o auditorio
A Coral no Festival do Centro Social de Cee-Foto-Rafa Quintans

Que gañas tiñan, non hai máis que velas imaxes. Os maiores do Centro Social, invadiron con enerxía e moita arte, o auditorio da Casa da Cultura de Cee, para celebra o seu festival. Foi o domingo, e ante unhas máis de 200 persoas que deron un ambientazo a esta cita cultural./p>

Josiño Mira, da Nordés, e a súa acompañante máis íntima, “Angustias”, a brava veciña de Lires que ten unha sección na emisora ceense e que forma parte dos gañadores dos últimos entroidos, estiveron tremendamente simpáticos, dando paso ás pandereteiras do Centro Social, ás de Fisterra, ás parellas de baile de salón e mesmo á coral. Toda unha demostración de arte do Centro Social de Cee, o punto de encontro dos maiores da vila da Xunqueira.

Josino Mira e Angustias-Foto-Rafa Quintans Gran ambiente no Festival do Centro Social de Cee-Foto-Rafa Quintans Pandereiteras do Centro Social de Cee e de Fisterra-Foto_Rafa Quintans Baile de salon no Centro Social de Cee

Fonte

Comentarios