Os peque-labregos aprenden facendo na horta da Escoliña

Segue en marcha o proxecto integral na Escoliña de Cee. Un proxecto que pretende educar sen tanta ficha, saíndo un pouco do papel e do libro. Unha idea de aprender facendo na que a horta é fundamental. Algo semellante están facendo na pequeHorta de Carballo comprobando o moito que lles gusta aos cativos meter as mans na terra.

Por Cee, un pai-veciño implicado está facendo de mestre labrego e os peques, en tempo de prantación, xa prepararon os sementeiros. moi aprenden estes cativos traballando a terra.


Novas relacionadas

Fonte

  • Información e fotos de Fátima Fdez.
  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).