O Samaín crece dende a escola


Ata os afectados polas Preferentes celebraron o Samaín este pasado xoves 31, escenificando "o enterro dos banqueiros e os políticos". I é que mellor ocasión non había para polo menos sacar de humor e celebrar a data con retranca.
Día de defuntos, xa unha pasada a noite do Samaín que, como nos contan os amigos de Equipaxe de man, é unha festa con raíces celtas que partiu de Irlanda ata os Estados Unidos, que estes convertiron no famoso Haloween, que volveu ata a zona en clave "holiwoodiense" e que agora, Galicia recolle intentando recuperar as súas raíces celtas.
Por iso, os maiores da parroquia xa non sentiron falar desta festa, e por iso é dende as Escolas dende se intenta recuperar un patrimonio inmaterial algo máis relacionado coa nosa cultura que "Freddy Krueger". E por certo, disque en EEUU os disfraces non son tan tétricos", e os sorrisos están por diante dos sustos…
Deste xeito, hoxe facemos unha viaxe por varios centros de ensino da zona para ver como disfrutan os máis das cabazas, dos contos…
A Escoliña de Cee

As crianzas da brava Escoliña de Cee estiveron moi atentas co conto de "Corre corre cabaciña", na que unha avoíña se meteu dentro dunha cabaza para burlar a 3 feras que a querían comer. Esa foi unha das actividades realizadas nun día no que mestras e pequechos se disfrazaron e disfrutaron dun día diferente.

Sobrevivindo en Íntegro

Onte, o centro ocupacional e de día de ÍNTEGRO foi atacado polos mortos vivientes!!! pero conseguiron sobrevivir!!
Foi un día de caracterización, onde os usuarios/as na actividade de teatro representaron os mortos vivientes, con música ténebre todo o día e onde as calabazas tornaronse en monstruos!!!
Así e todo, estes zombies foron xenerosos e nos fixeron unhas cupcakes que estaban "de morte"!!

Un Samaín cheo de premios en Zas

O pasado mércores tocoulle aos alumnos e alumnas do CPI de Zas celebrar o Samaín organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística Galega e o Equipo de Extraescolares dirixidos por Inés Suárez e Beatriz Fernández. Como en anos anteriores, organizouse un concurso de cabazas e de relatos de medo.
Os gañadores do concurso de cabazas foron: Begoña Pérez Macías, en E.Infantil; Nuria López González en primeiro ciclo de E.Primaria; Lorena Martínez Calo, en segundo ciclo de E.Primaria; Dario González Antonio en terceiro ciclo de E.Primaria. Na ESO, a gañadora foi Laura Quintán Lavandeira de 1º ESO. Os gañadores do concurso de relatos de medo foron: Mario Castro Espasandín de 5º de E.primaria, e Saray Rama Caamaño de 1º ciclo da ESO.
Ademais, os alumnos de E.Infantil prepararon na cociña do colexio comidas e postres “de medo”. Aí é nada, aprendendo de todo!
Máis información
- Equipaxe de man: Samaín antes de Haloween.
Novas relacionadas
- 2012: Os centros educativos recuperan un importado Samaín.
- 2011: Cabazas, bruxas, pantasmas e curuxas para o Samaín de Zas.
- 2010: Zas ten medo.
- 2010: 6 vídeos de terror para lembrar o Samaín e promover o uso do galego na escola.
- Unha bisbarra con Encantos.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).