Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Emotiva festa de fin de curso na Gardería de Cee

Emotiva festa de fin de curso na Gardería de Cee
Festa de fin de curso na Garderia de Cee

Menuda festa que montaron os pequenos da Gardería de Cee. Tras un ano completo, con horta solidaria e todo, os pequechos da Gardería ceense gozaron dun día festivo ao seu estilo, para despedirse da súa escola. Dende hoxe as avoas van ter que traballar o doble e quedar cos terremotos na casa.

A festa de fin de curso foi principalmente para o grupo dos maiores, de 2 e 3 anos, que para o vindeiro curso comezan unha nova etapa, para a que as educadoras do centro lles desexan moita sorte.

Foi así, unha xornada moi emotiva para a equipa educativa, porque din adeus aos seus meniños, aos que levan coidando moito tempo. "Hai familias que xa nos consideran como as súas segundas nais", recoñece Fátima Fernández, unha das educadoras.

Así, e mesmo coa visita da concelleira Mabel Fernández, todos compartiron adeuses.

Agora, a preparar o curso que vén, para o que, por certo, aínda quedan algunhas prazas dispoñibles. I é que a crise e as aperturas nos últimos anos das garderías de Fisterra e Carnota, fan que a demanda baixase lixeiramente nas últimas datas. Así, aínda poden inscribir ao seu pequeno para o ano que vén.

Compartir es vivir Foto de familia da Garderia de Cee

Un respiro en Cee

Tamén tivo lugar a clausura programa de conciliación RESPIRA, organizado pola Concellería de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Persoal en colaboración co CIM. Dito programa desenvolviuse durante o mes de xullo, participaron 23 nenas e nenos de 3 anos a 10 anos de idade. Ao acto de finalización asistiu Mabel Fernández Durán Concelleira de Igualdade que fixo entrega dos diplomas de finalización.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios