Os pequechos de Cee teñen unha cita cos Tres Tenedores

Volven. Os Tres Tenedores, grupo de música lúdico-educativo para cativos, volve á Costa da Morte. Xa estiveron en Muxía e mais Muxía coa súa enladada de instrumentos, e desta volta aparcan as verduras para achegar o espectáculo da Danza dos Instrumentos.

A cita, no marco do Programa Novembro Cultural, será hoxe xoves a partir das 20.00 horas no Salón de Actos do Concello. Unha boa maneira de aprender e pasalo ben, tanto para os alumnos da Escola de Música como para o público en xeral.

Aquí vos deixamos coa súa actuación o ano pasado na capital da Xunqueira.

Os Tres Tenedores en Cee from quepasanacosta on Vimeo.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).