Os pequechos de Cee teñen unha cita cos Tres Tenedores

08:30 10/11/11

Volven. Os Tres Tenedores, grupo de música lúdico-educativo para cativos, volve á Costa da Morte. Xa estiveron en Muxía e mais Muxía coa súa enladada de instrumentos, e desta volta aparcan as verduras para achegar o espectáculo da Danza dos Instrumentos.
A cita, no marco do Programa Novembro Cultural, será hoxe xoves a partir das 20.00 horas no Salón de Actos do Concello. Unha boa maneira de aprender e pasalo ben, tanto para os alumnos da Escola de Música como para o público en xeral.
Aquí vos deixamos coa súa actuación o ano pasado na capital da Xunqueira.
Os Tres Tenedores en Cee from quepasanacosta on Vimeo.
Novas relacionadas
- Cee propón un novembro Cultural con moita música.
- Os Tres Tenedores trouxeron a súa Ensalada de Instrumentos por Muxía .
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).